Xoel Docal volveu representar ao Club Kayak Foz despois de 19 anos no Trofeo de Piragüismo Fiestas del Pilar
Xoel Docal competiu representando ao Club Kayak Foz nunha das regatas con maior tradición do calendario nacional, O "Trofeo de Piragüismo Fiestas del Pilar" en Zaragoza, que este ano celebraba a súa 37 edición.
O deportista, volveu así a vestir e representar os colores do Club Kayak Foz, o club do seu pobo natal e o club no que coñeceu o deporte que o apaixona despois de 19 anos, retornando ás orixes por todo o alto, xa que logrou dous primeiros postos.
Desenvolvemento do Trofeo
A primeira regata na que participou, en K1 senior, tivo lugar o domingo ás 10.00 horas, na que gañou ao sprint empregando un tempo de 14 minutos e 23 segundos para completar o recorrido de 3.500 metros, sendo segundo Jorge Massagues Julián, do Club Piragüismo La Ribera, con 14 minutos e 24 segundos; e terceiro Albert Liberal Martínez do Club Ría de Betanzos cun tempo de 14 minutos e 29 segundos.
Na segunda das regatas nas que Xoel tomou parte, o K2 senior, no que formaba parella con Albert Liberal Martínez do Club Ría de Betanzos, protagonizaron unha épica remontada, logrando atravesar a liña de meta na primeira posición, impoñéndose en sprint e empregando un tempo de 12 minutos e 28 segundos, un segundo menos que a embarcación do Club Deportivo Fuentes Carrionas. A terceira posición foi para a embarcación combinada tripulada por Marc Martínez Koshytska e Sergio Pereda Domingo.