Xoel Docal do Club Kayak de Foz suma outra victoria no X Trofeo Ciutat de Banyoles

Foz
AMariñaXa
O padexeiro Xoel Docal do Club Kayak de Foz xunto a seu compañeiro, Albert Liberal, do Ría de Betanzos venceron este venres no X Trofeo Ciutat de Banyoles.
kayak foz
16 Out 2023

O padexeiro Xoel Docal do Club Kayak de Foz xunto a seu compañeiro, Albert Liberal, do Ría de Betanzos venceron este venres no X Trofeo Ciutat de Banyoles.

Con este resultado, Docal pecha unha semana idílica en canto resultados, xa que nas catro probas nas que participou nunca se baixou do pódium. Suma tres triunfos K1 Fiestas del Pilar, K2 Fiestas del Pilar e Trofeo Ciutat de Banyoles e un terceiro posto na travesía de Foz.

A proba de Banyoles consitía padexar durante 45 minutos e o equipo que máis quilómetros alcanzara nese tempo gañaba a regata. Era adenaus obrigatorio realizar, como mínimo, dous cambios de padexeiro durante a proba.

Con esta proba, o deportista pon fin a tempada 2023, comezando nos próximos días a preparación para a tempada 2024.

0.18007111549377