Xoel Docal, Marta Quelle e Lucía Fernández coroanse na Travesía da ría de Foz
Este sábado celebrouse a nova edición da Travesía Ría de Foz contou cunha alta participación de deportistas galegos e asturianos, en total máis de 250 padexeiros.
Os participantes contaron cunhas condicións moi boas meteorolóxicas e do mar para facer os 12 quilómetros da proba deportiva.
Na categoría k2 sénior masculino, o focego Xoel Docal e o seu compañeiro Albert Liberal do Club Ria de Betanzos, foron os máis rápidos cun tempo de 49 minutos.
O resto do padexeiros da Mariña destacaron nas categorías inferiores, onde Marta Quelle e Lucía Fernández do CP Viveiro-Hotel Urban gañaron no k2 xuvenil, e de segundas quedaron as locais María Fernández e Ainhoa Pérez do Club Kayak Foz.
O outro podio da comarca foi para o ribadense Nico Gayol, do Altruán de Ribadeo, que rematou segundo no k1 xuvenil.