Xa hai gañadores do IX Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar

AMariñaXa
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar.
Fotografía Medioambiental Xove xove 2023  1º PREMIO   GERMÁN PALEO NAVARRO con Dereito ou reves cortada
30 Sep 2023

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de publicar os nomes dos gañadores do IX Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso tan só hai unha única categoría e o xurado, composto polos fotógrafos Santos Cordovilla e Enrique Toral, acordou otorgar os cinco premios.

O primeiro premio, valorado en 120 euros, foi para Germán Paleo Navarro coa obra Dereito ou revés; o segundo, de 100 euros, recaeu en Estíbaliz Saez de Ibarra Llano coa obra Areas vivas; o terceiro, de 90 euros, foi para Begoña Amor Ruíz con Sitio con encanto; o cuarto premio de 75 euros recibiuno Jesús Casabella Lage coa obra Portiño Porotcelo; eo último premio de 65 euros foi para José Manuel Arroyo Gimeno e a súa fotografía Cabo Roncadoira desde Morás.

0.14651393890381