Xa hai gañadores do Concurso de Postais de Nadal 2023 de Xove

AMariñaXa
O Concello de Xove fallou o Concurso de Postais de Nadal 2022 organizado pola Concellería de Cultura. O xurado formado escolleu aos 15
27 Dec 2023

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de novembro do pasado ano unha  nova edición do Concurso de Postais de Nadal 2023.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. 

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Na categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos) os galardoados foron Zoe Sierra Escobar, Xoel Sánchez Labayén e María García Val. Na categoría 1º e 2º de Primaria os premiados foron Alma Rodríguez Fra, Azucena Fernánez Riveira e Valeria Vilasa Posada.

Na seguinte categoría, a de 3º e 4º de Primaria, Jesús López Franco, David Burgos Peloche e Felipe Basanta Domínguez.

En 5º e 6º de Primaria, Carla Rey Vale, Óscar Bértolo Casabella e Daniela Casabella Álvarez. E xa por último na de 1º a 4 º de Eso os agasallados foron Nabila Adourou Adourou, Marcos Mariño Ferrería e Paula Sánchez Pernas.

0.1651771068573