Xa hai gañadoras do XV Concurso de Microrrelatos de Burela

AMariñaXa
Ana Lestao Ben, de Burela, e Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela, foron as gañadoras do XV Concurso de Microrrelatos
Burela ganadora XV Concurso de Microrrelatos 2022
Burela ganadora XV Concurso de Microrrelatos 2022
2 dic 2022

Ana Lestao Ben, de Burela, e Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela, foron as gañadoras do XV Concurso de Microrrelatos convocado pola Concellaría de Igualdade e de Muller con motivo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

A edil Noelia Mª Ben dixo que “entre as actividades programadas para conmemorar o 25N convocamos o XV Microrrelatos. O xurado emitiu o seu fallo hai uns días e as gañadoras foron:  Alba Lestado Ben, de Burela, na categoría de menores de 18 anos; e Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela, na de maiores de 18 anos”.

Nas últimas horas tivo lugar a entrega de diplomas no salón de plenos do Concello de Burela. Xunto a Ana Lestao Ben estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Igualdade e de Muller, Noelia Mª Ben, que destacou e agradeceu “a numerosa participación nesta edición e a calidade das obras presentadas”.