Xa hai data e packs para o Osa do Mar de Burela 2023

AMariñaXa
O Festival Osa do Mar de Burela confirmou a súa celebración para o vindeiro 2023 e que será os días 1 e 2 de setembro.
osa do mar 2023 1
osa do mar 2023 1
3 dic 2022

O Festival Osa do Mar de Burela confirmou a súa celebración para o vindeiro 2023 e que será os días 1 e 2 de setembro. O deseño desta novena edición é obra de Héctor Manasé.

Así mesmo anunciaron que lanzaron á venta os packs de fidelización do Osa do Mar 2023 a un prezo moi especial na plataforma Wegow. Polo que desde hoxe ata o 15 de decembro pódense conseguir os packs Marosa (para as empresas colaboradoras) e que consta de 4 entradas, 4 camisetas e logo na web, Duosa que ten 2 entradas e 2 camisetas, Osa Maior que conta con 1 entrada, 1 camiseta e 1 bolsa de tela, a Osa Menor que so ten 1 entrada e 1 camiseta, e o Bono fidelización que só é a entrada.

O día 15 de decembro anunciaranse as primeiras confirmacións e poñeranse á venta os bonos co prezo xa cambiado.

osa do mar 2023