Xa hai data para a XI Subida á Pontenova

AMariñaXa
Cada vez queda menos para celebrar a 10ª Subida A Pontenova, unha proba deportiva que puntúa para o Campionato Galego de Montaña
subida a pontenova salida
1 Feb 2024

A Escudería A Pontenova, grupo organizador da Subida A Pontenova informou que xa teñen data de celebración para a súa onceava proba.

Esta cita será os vindeiros 6 e 7 de xullo e é unha proba deportiva que puntúa para o Campionato Galego de Montaña.

A proba de motor está centralizada na localidade de Pontenova que lle dá nome e o tramo de subida sempre está localizado na estrada LU-4803, entre os puntos kilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude.

A praza dos Fornos acollerá como todos os anos o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado e outros dúas o domingo pola mañá.

0.11773014068604