Xa están en marcha a XXVIII edición das Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro
AMariñaXa
A axenda desta edición comprende unha serie de relatorios e conferencias de altísima calidade
19 Oct 2024
Xa está en marcha a XXVIII edición das Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro, un evento pesqueiro de crucial importancia para o sector porque reúne profesionais de renome tanto a nivel nacional como internacional, consolidando o seu papel como unhas Xornadas pesqueiras de referencia imprescindible dentro do ámbito pesqueiro. Trátase dunha cita anual de gran relevancia no sector pesqueiro, que reúne a profesionais, expertos e autoridades para debater e analizar as últimas tendencias, desafíos e oportunidades na pesca. Este ano celebraranse o 21, 22 e 23 de novemebro en Celeiro.
As Xornadas Técnicas de Difusión do sector pesqueiro de Celeiro foron creadas no ano 1995, no seo da Confraría de Pescadores de Celeiro, que desde entón foi a entidade organizada de preparar o evento aínda que nas últimas edicións, desde fai máis dunha década, o peso da organización pasou a centralizarse fundamentalmente a través da OPP-77 (Organización de Produtores de Celeiro). Falar das Xornadas de Pesca de Celeiro é facelo dun dos foros pesqueiros máis importantes do país, senón de toda a Unión Europea.
Foro totalmente gratuíto, de carácter hibrido: presencial (con aforo limitado), e telemático on-line (streaming); en ambos os casos é preciso rexistrarse. As persoas que acudan presencialmente polo menos ao 75% das conferencias terán un diploma acreditativo de asistencia. Actualmente baixo a xestión de Porto de Celeiro SA e a OPP 77 Porto de Celeiro e a coordinación da Confraría de Pescadores, con financiamento de fondos europeos e a Xunta de Galicia, as xornadas de Celeiro seguen sendo pioneiras á hora de reunir ao sector, administración, científicos e expertos para analizar con visión crítica e construtiva a problemática pesqueira... As Xornadas de Pesca de Celeiro son foro de información, divulgación, opinión e debate, onde profesionais da pesca e demais expertos, -armadores, mariñeiros, xestores públicos e privados, dirixentes empresariais, científicos, investigadores, profesores universitarios, ambientalistas, ecoloxistas, analistas, estudantes….#etc-, danse cita todos os anos para intercambiar opinións e dialogar sobre o presente e futuro do sector pesqueiro.
A axenda desta edición comprende unha serie de relatorios e conferencias de altísima calidade, serán impartidas por destacados especialistas nas súas respectivas materias, e abordaranse temas de máxima actualidade e relevancia. O evento centrarase en temas cruciais como a sustentabilidade, a descarbonización da frota, as innovacións tecnolóxicas, control e pesca ilegal, tacs e cotas, comercialización, mercados, PPC, investigación, GALPs, impacto climático, eólica mariña, economía azul, formación, problemáticas sectoriais, normativa e lexislación … #etc; cada intervención está deseñada para achegar valor e coñecementos prácticos aplicables ao noso día a día.