Wicked Wizzard estará no Martelazo Rock de Xove

AMariñaXa
A asociación Martelos Costa Norte, organizadora do Martelazo Rock de Xove, informou que a banda River Crow non poderá actuar
1 Martelzao Rock Xove setembro 2022
1 Martelzao Rock Xove setembro 2022
10 sep 2022

A asociación Martelos Costa Norte, organizadora do Martelazo Rock de Xove, informou que a banda River Crow non poderá actuar nos concertos deste ano e que no seu lugar contarán con Wicked Wizzard.

Este é un festival benéfico en favor do grupo Nico contra el Cancer Infantil, que ten como obxectivo divulgar a importancia da investigación do cancro pediátrico.

O movimiento Nico contra el cáncer infantil foi iniciado en novembro de 2015 en Ourense, despois de que Nicolás Leal Rodríguez, volvera da súa intervención no Hospital La Paz de Madrid.

Esta nova edición do Martelazo Rock celebrarase o vindeiro 24 de setembro no centro social do Concello de Xove. Ademais acollerá unha sesión de rock, agasallos para os participantes, rutas en moto, sorteos, e xogos. Os asitentes terán zona de acampada e foodtrucks para completar o xantar.

Haberá prazas limitadas para o xantar polo que compre resevar entrada. A entrada para os concertos é totalmente de balde.

Neste festival benéfico actuarán cinco bandas do panorama nacional como son Expropiazion, Calle del Ruido, Hammer Cross, Wicked Wizzard e To-Xo.

Expropiazion son unha banda d epunk rock asturiano; Calle del Ruido fusiona rock, metal e sintetizadores co el fin de crear un estilo personal e difícil de clasificar, son orixinarios de Pontevedra. Hammer Cross é de Mieres e leva en marcha desde o 2013 facendo punk-rock visceral.

O novo grupo conformado, Wicked Wizzard, ven de Mungia e despregará o seu stoner rock e o seu heavy setenteiro.

Martelazo rock xove 2022 novo cartel
0.11591005325317