Acordo maioritario dos traballadores de Alcoa á proposta de retrasar o rearraque da produción de aluminio

AMariñaXa
Acordo maioritario dos traballadores de Alcoa á proposta presentada pola multinacional para garantir o re-arraque da produción de aluminio.
votacion Alcoa proposta 31 xaneiro 2023
votacion Alcoa proposta 31 xaneiro 2023
3 feb 2023

Rematou a xornada de votación na fábrica de Alcoa en Cervo, que se desenvolveu sen ningunha incidencia e "cunha alta participación do 78,4%", segundo o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Os traballadores pronunciaronse cun si ante a pregunta de aceptar a última proposta de Alcoa á modificación do acordo de decembro de 2021, polo que se parou a actividade na planta co compromiso de rearranque en 2024.

Antes da votación CC.OO. e UXT explicitaron aos traballadores que a súa postura é a favor do si, mentres a CIG avoga polo non.

GOBERNO.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, celebrou o acordo maioritario dos traballadores de Alcoa á proposta presentada pola multinacional para garantir o re-arraque da produción de aluminio. Isabel Rodríguez valorou o respaldo dado por máis do 73% do persoal de Alcoa á sinatura do novo acordo negociado coa empresa e puxo en valor o papel do Goberno de España “sempre apoiando e defendendo os intereses dos traballadores para conseguir un resultado positivo e garantir, deste xeito, o futuro industrial e da comarca da Mariña”.

“Este novo acordo do persoal de Alcoa é a liña que nos permite seguir traballando polo futuro da Mariña porque protexe o emprego e os investimentos necesarios para lograr a viabilidade da pranta”, subliñou Isabel Rodríguez.

Así mesmo, a subdelegada lembrou que desde o inicio desta crise en Alcoa, o Ministerio de Industria traballou activamente para impulsar unha solución que manteña as capacidades produtivas na comarca da Mariña, intermediando coa Xunta, coa empresa, cos traballadores e con outros ministerios implicados na tramitación de permisos para novos parques eólicos que fornecerán enerxía a Alcoa, o que supuxo a recente aprobación das declaracións de impacto ambiental (DIA). “E seguiremos na mesma liña de traballo, reactivando a industria galega e a comarca da Mariña con investimentos millonarios”, engadiu.

Durante os últimos meses, o Ministerio celebrou reunións da mesa de seguimento dos acordos onde demostrou o seu interese en manter todos os postos de traballo, mesmo das empresas auxiliares e da parte de alúmina.

Por último, Isabel Rodríguez avanzou que o Ministerio de Industria manterá a comisión de seguimento e estará atento a que se cumpran as garantías do acordo.