Volven os percorridos panorámicos de Covas a Celeiro en Vivertren durante a Semana Santa
AMariñaXa
Viveiro formará parte este ano das rutas dos trens turísticos de Galicia, unha iniciativa entre Turismo de Galicia e Renfe
19 Mar 2024
Esta Semana Santa, desde o luns 25 ao domingo 31 de marzo volven o percorridos panorámicos de Covas a Celeiro en Vivertren
Así, animan a gozar en familia dun viaxe moi especial para coñecer a historia, anécdotas e curiosidades destas marabillosas vilas ligadas ao mar.
Para información e reservas hai que escribir un email a trenturisticoviveiro@gmail.com. Esta actividade ten un prezo de 7 euros para adultos, 6 euros para maiores de 65 anos, e 3 euros para nenos de 4 a 12 anos.
As saídas serán todos os días ás 11.00 horas dende a estación de autobuses.