Volven as Noites de Skate a Ribadeo

AMariñaXa
O skatepark do Concello de Ribadeo acollerá do 16 de agosto ao 15 de setembro Noites de Skate
concello-de-Ribadeo-vista-2
Concello de Ribadeo
13 Ago 2024

O skatepark do Concello de Ribadeo acollerá do 16 de agosto ao 15 de setembro Noites de Skate. A actividade está organizada por Aloha Natura Escola de Skate da Mariña. As sesións están dirixidas ao público en xeral, mozos e adultos, que teñen inquietude pola práctica do skateboarding por primeira vez ou que desexen mellorar as súas habilidades.

Os venres e os sábados haberá dúas clases de hora e media de duración, cada unha. Serán en horario de 19.30 a 21.00 horas e de 21.00 a 22.30 horas. Cada clase de skate semanal terá un custe de 10 euros. Para os participantes que empreguen o seu propio skateboard de alta calidade e as súas propias proteccións a tarifa será de 7 euros.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 622 567 808 ou ao correo electrónico alohanaturaleza@gmail.com Colaboran con Aloha Natura o Concello de Ribadeo, Core Surfing, La Academia del Surf, Sensación Surf Shop & School, Picante Surf Shop & School, Lampariego Surf School, Autocaravanas Palacio Vega, Egea Congelados, Ágora Diseño & Rotulación, Galipizza, Rasca y Pica e Kids and Us English Academy.

0.097062110900879