Volven as escolas deportivas do Valadouro
O Concello do Valadouro organiza de novo as escolas deportivas municipais de fútbol. Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2022/2023.
O inicio será o luns 5 de setembro, cun mínimo de 5 alumnos para realizar a actividade, nos campos de fútbol e pavillóns polideportivos dos concellos de Alfoz e O Valadouro.
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades e deberán cumprir os requisitos.
Haberá diferentes categorías, Biberón (2018-2017), Prebenjamín (2016-2015), Benjamín (2014-2013), Alevín (2012-2011), Infantil (2010-2009) e Cadete (2008-2007).
Así, os biberón adestrarán os luns de 16.00 a 17.00 horas, os prebenxamíns e benxamíns os mércores e venres de 16.00 a 17.00 horas, os alevíns e infantís os luns de 17.00 a 18.00 horas e os xoves de 16.00 a 18.00 horas, e os cadetes os martes e mércores de 19.00 a 21.00 horas e os venres de 17.00 a 19.00 horas.
cadetes serás os martes de 16:00 a 17:00 e os venres de 16:00 a 17:00, os alevíns os luns de 17:00 a 18:00 e mércores de 16:00 a 18:00, os infantís os xoves de 16:00 a 18:00, os prebenxamíns os martes de 17:00 a 18:00 e venres de 17:00 a 18:00, e os máis cativos, os biberóns serán os luns de 16:00 a 17:00.
As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade. A falta de asistencia ou puntualidade terá como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.