Volven as actuacións de teatro afeccionado do Valadouro dos sábados

AMariñaXa
Volve o programa de teatro ao Valadouro cargado de actuacións para o sábado 13 e 27 e o domingo 21 de novembro
casa cultura valadouro teatro salon de actos
casa cultura valadouro teatro salon de actos
2 Dec 2022

O salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro acolle para os sábados 3, 10 e 17 de decembro varias actuacións de teatro ás 19.00 horas. As entradas son de balde ata cubrir aforo baixo.

A primeira, este sábado 3, será O Covid do mariñán, unha obra a cargo grupo de teatro O Bordelo a través do programa Circuíto de teatro afeccionado 2022 no ciclo Táboas Cheas de Emoción.

A seguinte representación será o sábdo 10 e poderase desfrutar de O Mundo de Martina de Bátega Teatro a través do programa Circuíto de teatro profesional 2022 no ciclo Seráns teatrais.

Xa por último o sábado 17 será a quenda de Fráxiles de Rebuldería a través do programa Circuíto de teatro afeccionado 2022 e tamén do ciclo Táboas Cheas de Emoción.

teatro decembro valadouro 2022
0.20592498779297