Volve o Trail Monte Comado que percorrerá o Concello de Barreiros
A asociación Praias de Comado presentou o trail Monte Comado que percorrerá o Concello de Barreiros a terceira fin de semana de outubro.
A cita deportiva, que terá lugar os días 15 e 16 de outubro, conta coa colaboración das administracións municipal e autonómica. Nesta edición celebrarase o sexta Trail Monte Comado e a oitava Carreira 1/2 vertical.
Ao igual que en anteriores edicións, o 1/2 vertical terá lugar na tarde do sábado 15 de outubro ás 16.30 horas, saíndo da praia de Arealonga e rematando no mesmo Monte Comado, lugar onde terá tamén lugar a andaina e o trail infantil. A andaina sairá ás 15.15 e o infantil ás 17.30 horas no cumio do Monte Comado.
No día seguinte, domingo 16 de outubro terá lugar o Trail Monte Comado, do cal se diferencias dúas modalidades: percorrido curto, de 12 kilómetros; e percorrido longo, de 27.
No caso do percorrido longo, a saída terá lugar ás 9.30 horas na praza do Souto de San Miguel de Reinante e o curto ás 10.30 horas.
As inscricións estarán abertas ata o 11 de outubro e a modalidade infantil é de balde, e no caso das modalidades adultas. Haberá trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
Toda a información referida a esta nova edición, así como a pasarela de inscricións, están dispoñibles na páxina web.