Volve o festival Bal y Gay á Mariña

AMariñaXa
A Mariña lucense acollerá o festival Bal y Gay 2021 que xa comezou no mes de maio co ciclo Schubert no Camiño asociado á Ruta Xacobea
festival cartel
20 Jul 2021

O festival de música Bal y Gay, que, baixo o título Música á beira do mar, levará 10 recitais de música clásica á Mariña na segunda quincena de agosto. Trátase da oitava edición da iniciativa creada pola Asociación Xesús Bal y Gay en 2014, creada para diversificar e descentralizar os eventos culturais para achegalos a todo o territorio galego.

O 18 de agosto, no Pazo do Conde de Fontao de Foz, o cuarteto Seikilos inaugurará con obras de Turina, Ravel, del Campo y Gómez a edición máis nacional deste festival que mantén o seu concepto orixinal a pesar das restricións provocadas pola pandemia. O 19, na Igrexa de Santiago do concello focense, Cantoría interpretará obras de Monteverdi. As melodías de Beethoven, Chopin, Granados o Listz soarán no auditorio Hernán Naval de Ribadeo o 20 de agosto a cargo de Javier Perianes. El Amor de Brujo de Falla levará a música de cámara ao auditorio de Burela o 21 de agosto da man de Jaume Santonja e María Toledo. A Finca Goleta de Foz será o escenario para desfrutar de Puro Gershwin o 22 de agosto. Obras de Holborne, Bach, Verdi, Puccini, Turina e Bizet soarán en Barreiros e Vilanova de Lourenzá o 22 e 23 de agosto, respectivamente, da man de Hércules Brass. O 24 de agosto, na fábrica de Sargadelos en Cervo, Pablo Sáinz-Villegas achegará os ritmos de Albéniz, Granados, Bal y Gay e Tárrega. Mozart, Saalim e Shostakovich á Basílica de San Martiño de Foz o 25 de agosto gracias ao cuarteto Casals. A Orquestra Sinfónica de Galicia con Dima Slobodeniouk pechará esta oitava edición cun concerto no que interpretarán obras de Bach, Turina e Adams o día 26 de agosto na Catedral de Mondoñedo.

Concertos familiares e obradoiros nos centros de maiores

O programa musical de Bal y Gay tamén contempla tres concertos familiares os días 20, 21 e 22 de agosto en San Cibrao, Ribadeo e Mondoñedo. O ciclo de conferencias Hojas de álbum con invitados de renome da cultura celebrarase en formato online e tamén se levarán a cabo obradoiros de Recuerdos Musicales os días 17, 19 e 21 de agosto nos Centros de Atención a Maiores en Trabada e Ribadeo. Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16787815093994