Volve o Día da bici do Concello de Lourenzá

AMariñaXa
Como unha actividade máis dentro da programación de verán organizada polo Concello, volve o Día da bici, que chega a súa trixésima edición.
1 XIII Dia da bici Lourenza 2022
24 Ago 2022

Como unha actividade máis dentro da programación de verán organizada polo Concello de Lourenzá, volve o Día da bici, que nesta ocasión chega a súa trixésima edición.

A saída terá lugar da praza do Conde Santo ás 19.00 horas do venres 26 de agosto e percorrerán 12 quilómetros ata chegar á área recreativa da Cazolga.

Acto seguido, ao chegar á meta, celebrarase a competición da Carreira da Tartaruga;,onde vence o corredor que entra último en meta. Haberá trofeos e agasallos sorpresa para os participantes.

As inscricións poden facerse o mesmo día a partir das 17.00 horas e espérase que conte con máis de 100 participantes como noutras ocasións.

Nesta cita deportiva colaboran Motos Santalla, Eroski City, Pastelería Cabaleiros e Protección Civil de Lourenzá.

XIII Dia da bici Lourenza 2022
0.18436312675476