Volve con forza a travesía a nado Ría de Viveiro 2024
A travesía a nado Ría de Viveiro 2024 volveu este ano con forza tras pechar as súas inscricións o día 8 de agosto con 101 nadadores anotados. A travesía, organizada pola ADC Alboi, celebrouse o domingo 18 con saída ás 16.30 horas dende a área etnográfica da Ínsua ata a praia de Area.
Así os deportistas, nunha xornada na que o tempo acompañou, puideron completar os 2.250 metros de percorrido. Iván Fernández del Valle do Pabellón Ourense proclamouse campión da categoría masculina, seguido de Álvaro Gómez Cardesín e David Castro Villar.
No caso das mulleres, o máis alto do podio foi para Noa Borrazás Rodríguez do Sporting Club Casino, mentres que Marta Cruceiro Barreiro e Enma Buján Rouco lograron a segunda e terceira posición. Na presentación da cita participaron a alcaldesa de Viveiro María Loureiro, o concelleiro Jesús Fernández e o presidente da ADC Alboi.
+