Volve ao Vicedo a tradicional ruta nocturna

AMariñaXa
Nesta ocasión, será unha ruta circular, duns 8 quilómetros, que empeza e remata no porto pesqueiro
praia-de-xilloi-Vicedo-2
30 Jul 2024

Este mércores 31 ás 22.30 horas volve unha actividade moi querida dos veráns do Vicedo: A ruta nocturna. Nesta ocasión, será unha ruta circular, duns 8 quilómetros, que empeza e remata no porto pesqueiro do Vicedo e consistirá en ir ata Xilloi pola Rúa Rosalía de Castro e voltar pola ruta da Costa pasando por Caolín, Vidreiro e rematando no porto pesqueiro.

Despois desprazaranse ata o Varadero para degustar opcionalmente un chocolate por 2 euros. Non é obligatorio anotarse ao chocolate, pódese ir só á ruta. Inscricións no 982 590 195 ou en omix@concellodovicedo.org.

0.16202998161316