Volve a romaría do Bispo Santo a Foz, unha celebración con máis de 300 anos de historia

Foz
AMariñaXa

O municipio de Foz acolle unha nova romaría do Bispo Santo, que conta con 385 anos de historia.

romaria_bispo santo
romaria_bispo santo
19 abr 2024

O municipio de Foz acolle unha nova romaría do Bispo Santo, que conta con 385 anos de historia. A cita celebrarase a carón da ermida de San Gonzalo o 17, 18 e 19 de maio e o 9 de xuño. O programa comeza o venres con sesión vermú da man de Tania Veiras, que tamén estará na verbena xunto a La última Legión.

O sábado haberá misa, sesión vermú coa orquestra Principal e actuación da banda de gaitas Dambara de Burela. A partir das 18.30 os máis pequenos poderán gozar da actuación infantil Pallaso. Tamén pola tarde organizarase unha sesión co DJ Pacolo. A verbena estará amenizada polas orquestras Principal e Ritmo Joven.

O domingo de novo organizarase misa solemne e sesión vermú co grupo D´Cano e Mekanika Rolling Band. Durante as tres xornadas, os asistentes poderán gozar de polbo, xamón cocido e churrasco. Xa en xuño, o día 9, terá lugar o tradicional traslado da imaxe de San Gonzalo dende Monte da Grela ata a basílica acompañados por A Subela de Foz.