Volve a Papanoelada moteira do Valadouro do día 24

AMariñaXa
Volve a Papanoelada moteira do Valadouro organizada polo Moto Clube Valadouro e que percorrerá as rúas do Concello
papanoelada moteira valadouro 2022 1
papanoelada moteira valadouro 2022 1
10 Dec 2022

Volve a Papanoelada moteira do Valadouro organizada polo Moto Clube Valadouro e que percorrerá as rúas do Concello ata chegar á praza de Santa María.

Esta tradicional xuntanza será o día 24 de decembro e comezará ás 11.30 horas para percorrer as rúas do Val con saída da rúa Leandro Buján e chegada á praza.

Ás 12.00 horas será a recepción oficial de Papá Noel con todos os nenos e nenas do Val e media hora máis tarde haberá un espectáculo de malabarismo, clown e acrobacias de Circo Chosco coa representación de Forzu2 grazas á colaboración da Deputación de Lugo.

Se a climatoloxía non fose a desexada, os actos trasladarianse ó salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro.

papanoelada moteira valadouro 2022
0.19489216804504