Volve a festa da Casela a Santa Cruz do Valadouro
AMariñaXa
A celebración comeza con cea popular e verbena da man do trío Zafiro e sesión con Dj

25 Jul 2024
Volve a festa da Casela na honra á Virxen do Carme a Santa Cruz do Valadouro. A celebración comeza este venres 26 con cea popular a base de sardiñada, xamón cocido, cachelos, pan e viños e verbena da man do trío Zafiro e sesión con Dj. Os interesados en cear poden reservar no 635 892 223.
O programa continúa o sábado con sesión vermú e verbena con Fusión Latina e un Dj. Ademais, tamén haberá misa e procesión a partir das 13.00 horas e cantina con presos populares. A romaría terá lugar no adrio da capela da Casela.