Volve a Concentración de coches clásicos do Vicedo

AMariñaXa
O Concello do Vicedo acolle o vindeiro 26 de novembro a segunda concentración de coches clásicos que está organizada polo Club Clásicos
II concentracion clasicos vicedo 2022 1
II concentracion clasicos vicedo 2022 1
13 Nov 2022

O Concello do Vicedo acolle o vindeiro 26 de novembro a segunda concentración de coches clásicos que está organizada polo Club Clásicos O Vicedo en colaboración co Concello.

Dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos vehículos na rúa Cidade de Mondoñedo, para así poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar para o que hai prazas limitadas.

Para participar no xantar haberá que reservar chamando aos teléfono 626 836 946 ou 679 763 191, e ten un prezo de 25 euros.

II concentracion clasicos vicedo 2022
0.20697402954102