Nova edición da Carreria Val das Fabas de Lourenzá

O vindeiro 1 de outubro volve a Carreria Popular laurentina Val das Fabas que terá lugar o sábado da celebración da Festa da Faba e que este ano chega á XII edición. Esta carreira será dende a praza do Conde Santo ás 17.00 horas para menores e a partir das 18.00 horas a absoluta de 6.330 metros.
Xa están abertas as inscricións con límite de participación tanto en categorías menores como absoluta.