Volei, baloncesto e fútbol sala no programa As Noites de Foz

Foz
AMariñaXa
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites
programa_as_noites_foz
6 Xul 2024

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes na Rapadoira con volei praia. As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e o divertido Wipeout. De 10 anos en adiante están convidados a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade, antes de comezar. O volei será os días 3,10 e 11 de xullo, seguiralle o fútbol sala o 22, 23 e 45 de xullo e o wipeout o 6,7 e 8 de agosto. Neste mes tamén practicarán fútbol praia, os días 13, 14 e 15 e baloncesto do 20 ao 22.

0.16654300689697