Viveiro volverá ser punto de encontro do folclore internacional coa súa XLVI Mostra Folklórica

Viveiro preparase para vivir unha nova edición da Mostra Folklórica Internacional, unha cita xa consolidada no calendario estival que este ano alcanza a súa XLVI edición. Entre os días 5 e 9 de agosto, a cidade converterase nun gran escaparate da música e da danza tradicional, reunindo agrupacións procedentes de diferentes países que compartirán co público as súas tradicións e expresións culturais.
Durante cinco xornadas, a Praza Maior será o escenario principal dun evento que cada verán transforma o centro histórico nun espazo de convivencia e intercambio cultural. As actuacións permitirán descubrir os ritmos, bailes e traxes tradicionais de distintos lugares do mundo, favorecendo o encontro entre culturas a través da música e do folclore.
A Mostra Folklórica Internacional volve así reforzar o seu papel como unha das propostas culturais máis representativas de Viveiro, atraendo tanto á veciñanza como ás persoas que escollen a localidade para pasar as súas vacacións.
A organización anima ao público a participar nesta celebración, que combina espectáculo, tradición e diversidade cultural, consolidando a Viveiro como un referente na difusión do patrimonio inmaterial e no intercambio entre pobos.
Ao longo destes días, a cidade respirará ambiente festivo arredor dunha programación que volverá poñer en valor a riqueza do folclore internacional e converterá a Praza Maior nun punto de encontro para amantes da música e da danza tradicional.