Viveiro, un Goberno que está no aire

AMariñaXa
Viveiro, un Goberno está no aire. O Partido Popular leva 7 concelleiros fronte aos 5 do PSOE polo que haberá que ver os posibles pactos
PP Viveiro Marina Gueimunde
PP Viveiro Marina Gueimunde
3 Xuño 2023

O Partido Popular de Mariña Gueimunde leva 7 concelleiros fronte aos 5 do PSOE de María Loureiro polo que haberá que ver os posibles pactos.

O liderazgo na cidade do Landro aínda está por decidir. Así, o PP triunfou numericamente en Viveiro con 1.000 votos máis que o PSOE, o que supón que case un 40 % da veciñanza viveirense apoiou á candidata popular Mariña Gueimunde, o que fixo que conseguise 7 edís, dous máis que nos comicios anteriores. Non obstante, non está claro se será a nova alcaldesa de Viveiro pois para este traballo necesita 9 concelleiros.

“Valoramos moi positivamente os resultados destas eleccións, pois a veciñanza demostrounos que quere un cambio”, dixo Gueimunde, “os viveirenses queremos un cambio e este cambio pasa unicamente por que goberne o PP”. “Fomos os máis votados, o que indica que reconquistamos o corazón dos veciños demostrando que sabemos facer as cousas, que temos proxectos con ideas e xente capacitada e formada para avanzar, progresar e xerar oportunidades”, engadiu.

Pola súa banda, o PSOE de María Loureiro perdeu 3 edís, que achaca ao desgaste dos dous anos de pandemia, e fai que se quede con 5. Os socialistas de Viveiro queren agradecer “o apoio da xente que valorou o noso traballo nestes anos e nos deu onte a súa confianza. Seguiremos traballando única e exclusivamente por e para Viveiro”, asegura María Loureiro, “queremos mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, ese é o noso único obxectivo para os próximos catro anos”.

O BNG liderado por Miriam Bermúdez sumou 2 concelleiros máis e Bernardo Fraga de Por Viveiro mantívose con 2 edís.  Bermúdez so quixo resaltar “que fomos a forza que máis subiu en Viveiro, triplicando a representación. A veciñanza confía no BNG, e estamos dispostos a sentarnos e dialogar para darlle ao pobo o cambio que reclamou nas urnas”.

Podemos e VOX non conseguiron representación. Como nas anteriores eleccións, aventúranse días de negociacións para pactar entre as esquerdas.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Mariña Gueimunde González PP
  • Martín Vale Cobo PP
  • Domingo González López PP
  • Pablo Varela Sánchez PP
  • Saray Ventura Fernández PP
  • Vicente Vázquez Chao PP
  • Erea Rivera Vázquez PP
  • María Loureiro García PSOE
  • Jesús Fernández Fernández PSOE
  • Lara Fernández PSOE
  • María Soledad Rey Yáñez PSOE
  • Eleazar José Rodríguez Abuín PSOE
  • Míriam Bermúdez García BNG
  • Iria Cotelo Cociña BNG
  • Juán Ramón Martínez Castro BNG
  • Bernardo José Fraga Galdo XV
  • Manuel Galdo Dopico XV
Viveiro PSOE Maria Loureiro 2023
bernardo fraga por viveiro 203
miriam bermudez BNG Viveiro
viveiro 2023
0.18538618087769