Viveiro será unha das sedes do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala sub 16 e sub 19

AMariñaXa
Este mércores día 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina
futbol sala xogada
15 Nov 2023

O Concello de Viveiro será unha das sedes da primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala nas categorías sub 16 e sub 19 masculinas, un evento que terá lugar do 26 ao 30 de decembro.

“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes de Viveiro, Eleazar José Rodríguez Abuín.

As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.

O pavillón municipal de Viveiro presentará as súas mellores galas para ser testemuña dunha cita de primeiro nivel durante as festas de Nadal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19004082679749