Viveiro instalará unha pantalla xigante na Praza Maior para seguir a semifinal do Mundial entre España e Francia

O Concello de Viveiro instalará mañá unha pantalla xigante na Praza Maior para que a veciñanza e os afeccionados ao fútbol poidan seguir en directo a semifinal do Mundial que enfrontará ás seleccións de España e Francia.
O encontro disputarase mañá e dará comezo ás 21.00 horas. A iniciativa permitirá que quen o desexe poida reunirse na Praza Maior para seguir o partido nunha pantalla de gran formato instalada polo Concello con motivo desta cita deportiva.