Viveiro experimentou un notable incremento no número de visitas
O Concello de Viveiro experimentou un notable incremento no número de visitas na Oficina de Turismo, que ao longo de 2018 ascenderon a 37.281, dos que 30.828 foron visitantes nacionais e 6.453 internacionais. Esta cifra non reflicte o número real de visitantes ao longo do ano pasado, que é moi superior, xa que non todos os visitantes acoden á oficina.
Segundo indican desde o concello "a estes datos habería que engadir os máis de 81.000 asistentes ao Resurrection Fest, os clientes da oferta hotaleira do municipio, que adoitan facer uso da información turística que dende a oficina se remite aos hoteis, para facilitarlles a estadía e evitarlles a molestia de ter que achegarse á oficina, e que, polo tanto, non entran no cómputo referido". Outro dato que avala os bos resultados do pasado ano pode ser o ocupación hoteleira, que acadou un ano máis o 100% en determinados momentos do ano e que, en xeral, rondou o 80% ao longo de todo o periodo estival.
Finalmente, para contabilizar o número de visitantes que se achegaron a Viveiro ao longo de 2018, "hai que ter en conta tamén todas aquelas familias que teñen no noso municipio unha segunda residencia ou as numerosas excursións organizadas que se suceden ao longo do ano", engaden. Asimesmo, explicou que Viveiro ante o Berce volveu ser un éxito de público, ao que chegaron excursións de diversos puntos de Galicia e algún centro educativo.
"Estas resultados altamente positivos son o froito do intenso traballo que o Concello de Viveiro, a través da Concellería de Turismo, vén desenvolvendo nos últimos anos co fin de promocionar o noso municipio dentro e fóra das nosas fronteiras dando a coñecer os seus múltiples recursos e consolidándoo como un referente turístico de calidade", din.
O equipo de goberno destaca neste senso a participación nas feiras de turismo máis importantes do sector como Fitur, Xantar e Festur, onde estiveron ofrecendo degustacións gratuíatas da merluza do pincho de Celeiro (en empanada e salpicón) e o pan dos apóstoles; ademais da asistencia ao World Travel Market, en Londres; Sportur, en Ourense, ou na Seatrade Cruise Med, en Lisboa, na que se estableceron contactos con diferentes navieras para promocionar Viveiro como punto de escala para os cruceiros que navegan polo Cantábrico.
O propio Concello realizou nestas feirasa promición dos principais recursos turísticos do municipio, a Semana Santa, as festas, a gastronomía, o oferta hostaleira e lúdica, etc., Viveiro tamén estivo presente nas máis de 300 feiras que se celebran ao longo de todo o ano, ás que mandaron información turística.
"A valoración de que se fai dende o concello, tendo en conta estes datos e as impresións do propio sector, é moi positiva; Viveiro sempre foi un municipio eminentemente turístico, pero grazas ás iniciativas levadas a cabo nos últimos anos estamos a diversificar a súa gran oferta, conseguindo que Viveira sexa un destino turístico ao longo de todo o ano, non só un destino estacional, e que ata aquí poidan chegar visitantes con intereses moi diversos: turismo cultural, turismo de natureza, turismo gastronómico, turismo activo, turismo de ocio, etc", conclúen.