Viveiro e Burela serán sedes do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala sub 16 e sub 19
Viveiro e Burela serán as sedes da Fase Previa dos Campionatos de España de Seleccións autonómicas de Fútbol Sala sub19 e sub16 masculinas que se celebrará entre o 26 e o 30 de decembro.
“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes de Viveiro, Eleazar José Rodríguez Abuín.
A sede de Galicia é unha das mais potentes ao contar, ademais de Ceuta e Canarias, con Cataluña e a Comunidad de Madrid, estas dúas últimas dúas grandes potencias do fútbol sala nacional.
Galicia disputará todos os seus encontros das dúas categorías no Pavillón de Vista Alegre, co obxectivo de acceder á Fase Final nas dúas categorías. A esta chegarán 8 equipos das 4 sedes que existen.
A Real Federación Galega de Fútbol e o concellos de Burela e Viveiro animan aos afeccionados a presenciar o que será o futuro do fútbol sala nacional, e, aproveitando as numerosas familias que acompañan aos mozos deportistas, tamén a gozar das diferentes paraxes da Mariña lucense.