Viveiro e Burela convértense no epicentro do fútbol sala

AMariñaXa
Ambos concellos acollerán a Fase Previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de futsal
VIVEIRO-19-NOV-Fútbol-sala
19 Nov 2024

O Concello de Viveiro presentou a Fase Previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala, un evento deportivo que convertirá aos concellos de Viveiro e Burela no epicentro deste deporte durante cinco días.

O evento, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, reunirá ás seleccións autonómicas de Galicia, Navarra, Cataluña, Castela e León e Castela-A Mancha nas categorías Sub-16 e Sub-19. Os partidos comezarán o xoves 20 de novembro, combinando competicións en ambas categorías ata o domingo 24.

Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Jesús Fernández, e Julio Mougán, en representación da Federación Galega de Fútbol.

A alcaldesa comentou que dende o Concello estan “encantadas de acoller este evento en Viveiro, que sen dúbida será unha gran oportunidade para fomentar o deporte e poñer ao noso municipio no mapa do fútbol sala".

0.1944739818573