Viveiro despide aos nenos saharauís que gozaron do verán no municipio co programa 'Vacacións en Paz'

AMariñaXa
A alcaldesa e a veciñanza agasallaron aos menores como mostra de solidariedade e recoñecemento ao labor das familias de acollida
Viveiro-nenos-saharauis-2025-veran
29 Aug 2025

O Concello de Viveiro acolleu onte á tarde un emotivo acto de despedida para os dous nenos saharauís que pasarán o verán na vila dentro do programa “Vacacións en Paz”. Durante a recepción, os menores recibiron agasallos que simbolizan o cariño e a solidariedade da veciñanza, agradecendo a súa estancia na comunidade.

Esta iniciativa, que se desenvolve en distintos puntos de España, permite que os nenos saharauís disfruten dun período estival con familias de acollida, mellorando a súa saúde mediante revisións médicas, garantindo unha alimentación equilibrada e protexéndoos das altas temperaturas do deserto. Ademais, lles ofrece unha oportunidade única de vivir unha experiencia cultural enriquecedora.

A alcaldesa, Mariña Gueimunde, subliñou que “este programa reflicte o espírito solidario da nosa vila e reforza os lazos afectivos entre Galicia e o Sáhara. Agradecemos de corazón ás familias de acollida o seu xeneroso labor, que fai posible que estes nenos e nenas leven consigo unha experiencia inesquecible”.

⚙ Configurar cookies
0.16537308692932