Viveiro contará cun campus de taekwondo gratuíto

AMariñaXa
Burela acollerá do 3 ao 5 de agosto un torneo 3x3 de baloncesto de todas as categorías masculinas e femininas
1 BURELA TAEKWONDO 22 AG 2
22 Ago 2023

O Concello de Viveiro acollerá, dende este xoves 24 de agosto ata o xoves 30 de novembro, un Campus de Taekwondo gratuíto. Este desenvolverase todos os martes, xoves e sábados de 11.45 a 12.45 no pavillón Vilar Ponte ata o inicio do curso escolar, cando se proporán alternativas de horario.

A actividade inscríbese no Plan Corresponsables para favorecer a conciliación familiar. Poderá participar a rapazada de 3 a 16 anos para formarse neste deporte.

Será necesario anotarse na actividade contactando coa entidade organizadora Club Jansu, de Vilalba, a través do correo electrónico juancaqd@gmail.com ou no teléfono 651 577 247.

22082023 VIVEIRO
0.07632303237915