Viveiro contará con obradoiros gratuítos para a Semana Santa dirixidos aos nenos
AMariñaXa
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos aos nenos entre os 4 e os 12 anos
![nenos campamento](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2022/08/nenos-campamento.jpg)
nenos campamento
29 Mar 2023
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos aos nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos de idade.
O obxectivo é ofrecer unha proposta de lecer e convivencia durante as vacacións escolares dende o próximo luns, día 3 de abril, ata o mércores 5, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
“Dende o Concello de Viveiro propoñemos de novo estes obradoiros que son moi ben recibidos tanto polos cativos, que encontran neles un tempo de diversión e de aprendizaxe, e tamén polas familias”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
Estes obradoiros de Semana Santa son de balde, pero para participar cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654 208 333.
![obradoiro semana santa viveiro 2023](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/03/obradoiro-semana-santa-viveiro-2023-200x200.jpg)