Viveiro aprobou o Plan de Infancia e Adolescencia por unanimidade da corporación

AMariñaXa
O Grupo Municipal Por Viveiro vén de informar que presentará unha nova pregunta ao Pleno da corporación sobre as futuras pistas de atletismo
concello de viveiro casa consistorial 2022
8 sep 2023

O Pleno municipal aprobou o Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Viveiro, a través dunha moción apoiada por unanimidade por todos os grupos políticos da corporación.

“O Concello de Viveiro leva tempo realizando as xestións e trámites necesarios para concorrer á convocatoria de recoñecemento como Cidade Amiga de Infancia, e para elo é imprescindible contar co Plan de Infancia e Adolescencia”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

A iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por UNICEF Comité Español, ten como obxectivo xeral promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (ONU, 1989), ratificada por España en 1990 no ámbito dos Gobernos Locais.

“Consideramos que este recoñecemento favorecerá os intereses da poboación en xeral e da infancia en particular, na liña do traballo que vimos desenvolvendo con diversas iniciativas que teñen como destinatarios os colectivos infantís e xuvenís, como a creación do Grupo de Participación Xuvenil”, engade Loureiro.

No plan aprobado onte en pleno, o Concello de Viveiro presenta o seu compromiso co desenvolvemento dunha política municipal centrada en impulsar medidas que sitúen a infancia no centro da axenda política e o cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.

Foi elaborado grazas á colaboración de diferentes departamentos e persoal municipal, dos centros educativos, de colectivos e axentes sociais e, tamén, do conxunto de nenos, nenas e adolescentes que participaron nas consultas e enquisas formuladas e, moi especialmente, do Grupo de Participación Xuvenil.

0.16926002502441