Viveiro amosa o seu apoio a Adrián Ben na súa VIII Carreira Popular
AMariñaXa
A praza do concello será escenario desta proba cuxas inscricións rematan hoxe
7 Ago 2024
Este xoves, a partir das 20.00 horas, Viveiro acolle a VIII Carreira Popular en homenaxe ao atleta Adrián Ben, que está a competir las Olimpíadas de París. Contan coas categorías Pitufos, Sub 10 Sub 12, Sub 16, Sub 14 e Absoluta. A praza do concello será escenario desta proba cuxas inscricións rematan hoxe.
Os interesados poden realizar as súas inscricións a través da web. Os dorsais recolleranse na Praza Maior dende as 17.00 horas ata media hora antes da saída da carreira absoluta. Actualmente, a competición acumula máis de 300 participantes.