Viveiro acollerá un torneo de fútbol de rúa 4x4
O Celeiro Club del Mar, o conxunto de Terceira Galicia de fútbol, organizará a fin de semana do 18 e 19 de setembro un torneo de fútbol na rúa 4x4, unha iniciativa novidosa para o Concello pero que que segue a corrente que se está a extender de volver levar a práctica deportiva ás rúas das vilas e cidades.
Malia que nun principio esta celebración ía ter lugar a pasada fin de semana, tivo que aprazarse con motivo de la celebración do Resurrection Fest.
Esta primeira edición do torneo de fúrbol na rúa vai ser na pista de lavandeira pero o obxectivo dos organizadores é que esta cita teña continuidade e se desenvolva por outras pistas nas próximas edicións.
Así, as normas indican que haberá entre 4 e 8 xogadores por equipo e que os estes terán que ser maiores de 16 anos, podendo combinarse homes e mulleres e idades como se queira, “porque o obxectivo é fomentar a diversidade”, explica a organización. Adiantan tamén que aínda que este ano, como será unha proba están limitados pola idade, pero que buscarán ampliar o rango de idade para as próximas.
A inscrición está xa aberta e ten un custe de 60 euros por equipo. Para poder facela é necesario chamar ao teléfono 648 183 619 antes do 14 de setembro. Poderá chegarse ata un máximo de 16 equipos.
O equipo gañador do sorteo recibirá 200 euros e un trofeo, o segundo cen euros e o terceiro 60. Ademais, haberá un trofeo ao mellor xogador, que elixirán entre os capitáns de todos os equipos.
Como non podería ser doutro xeito, a competición seguirá o protocolo covid polo que será obrigatorio xogar con máscara e seguir as condicións que haxa nese momento.