Viveiro acollerá o programa Xunt@s da Deputación de Lugo

AMariñaXa
O BNG de Viveiro mantivo unha reunión coas principais asociacións deportivas do concello de Viveiro na que recolleu as súas demandas.
Viveiro acollerá o programa Xunt@s da Deputación de Lugo
3 Feb 2024

O Concello de Viveiro acollerá o programa Xunt@s da Deputación de Lugo, unha iniciativa coa que o Goberno provincial busca impulsar a participación cidadá e o asociacionismo.

“Promover o benestar social da nosa cidadanía, fomentando encontros e actividades, é unha prioridade para nós como Goberno local. Por iso agradecemos á Deputación a nosa inclusión neste programa, con actividades deportivas e culturais”, sinala a concelleira de Benestar Social, Infancia e Saúde, Catalina Fernández.

Celebraranse unhas xornadas de promoción do deporte, os días 20, 22, 27 e 29 de febreiro; 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de marzo; e 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de abril. Serán de 11.30 a 12.30 no pavillón polideportivo municipal.

Tamén haberá unha xornada sobre envellecemento activo, o día 8 de febreiro ás 17.30 na sala multiusos do Concello de Viveiro (imaxe adxunta). O día 1 de marzo, celebrarase un evento centrado na nutrición ás 17.00, de novo na sala multiusos do Concello.

A iniciativa busca reverter o parón na actividade social das vilas e mellorar a saúde mental e o benestar social da cidadanía. O Concello de Viveiro súmase así a esta iniciativa, que fomenta o arraigo e a sociabilidade entre a veciñanza, intercambiando experiencias e fomentando as actividades.

“Son iniciativas e actividades para todas as idades, pero bastante enfocadas nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós", explica a alcaldesa, María Loureiro

0.14983606338501