Viveiro acollerá este sábado o I Duatlón Escolar

AMariñaXa
Viveiro acollerá este sábado, dia 7 de maio, o I Duatlón Escolar Concello de Viveiro, organizado polo lub de Atletismo Egovarros.
Viveiro Duatlon escolar 2022
5 Maio 2022

O Concello de Viveiro acollerá este sábado, dia 7 de maio, o I Duatlón Escolar Concello de Viveiro, organizado polo Club de Atletismo Egovarros.

Trátase dunha proba clasificatoria para a final provincial de duatlón escolar de Lugo, dirixida a deportistas inscritos e inscritas no programa XOGADE, na actividade deportiva escolar de Duatlon da provincia de Lugo e nas categorías benxamín, alevín e infantil e cadete.

A proba deportiva desenvolverase nas inmediacións do campo de fútbol de Cantarrana e do local da Cruz Vermella, entre as 15:30 e 19:00 horas do sábado.

0.10959696769714