Viveiro acolle un campus de tecnificación en baloncesto para mozos de 10 a 17 anos

AMariñaXa
A iniciativa desenvolverase en abril e incluirá formación especializada en habilidades clave do xogo
Imaxe recurso de baloncesto
24 Mar 2025

Viveiro converterase en abril nun punto de referencia para os amantes do baloncesto coa celebración do Campus de Tecnificación, unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de entre 10 e 17 anos. O campus terá lugar os días 14, 15, 16 e 21 de abril e desenvolverase en diferentes instalacións da vila, como o Pavillón Municipal de Viveiro, o Pavillón do IES María Sarmiento e o Pavillón do IES Vilar Ponte.

O evento contará cun programa de monográficos especializados, centrados en diferentes aspectos do xogo. Comezando o 14 de abril con tiro e finalizacións, o 15 de abril con dribbling e pass and go, seguirá o 16 de abril con habilidades defensivas e rematará o 21 de abril con Do 1x1 ao 3x3.

A xornada desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e inclúe formación específica, unha camiseta conmemorativa, seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.

O prezo da actividade é de 20 euros por día solto, mentres que a matrícula para o campus completo é de 65 euros. Para os xogadores e xogadoras do C.B. Viveiro, ofrécese un prezo reducido de 60 euros.

A organización corre a cargo de Droce Eventos, en colaboración co Concello de Viveiro, a Xunta de Galicia, o club local de baloncesto e outras entidades deportivas. Para inscribirse, os interesados poden contactar a través do correo baloncesto@recordeventos.com ou dos teléfonos 648085737 e 651551481.

⚙ Configurar cookies
0.098165035247803