Viveiro acolle o III Torneo de Pádel desde este mércores

AMariñaXa
O evento celebrarase do 11 ao 15 de setembro con varias categorías e unha ampla participación
Imaxe da presentación do Torneo de Pádel Concello de Viveiro
10 sep 2024

O Concello de Viveiro será o escenario do III Torneo de Pádel, que se celebrará desde o mércores 11 ata o domingo 15 de setembro. A presentación oficial do evento contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o segundo tenente de alcalde, Xesús Fernández, e representantes do Club de Pádel Ego de Viveiro, entidade organizadora do torneo.

O campionato ofrecerá diversas categorías: Primeira Masculina, Segunda Masculina, Terceira Masculina, Mixta e Feminina, garantindo así a participación de xogadores de diferentes niveis e idades.

“A práctica do pádel está en auxe na nosa localidade e é un deporte moi popular entre persoas de todas as idades”, afirmou a alcaldesa María Loureiro, quen tamén agradeceu o esforzo do Club de Pádel Ego de Viveiro pola súa labor organizativa.

O torneo promete ser un éxito en termos de participación e visibilidade para este deporte, que segue gañando adeptos na comarca.

cartel completo-1_page-0001
0.14541292190552