Viveiro acolle a quinta edición das 'Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro'
O Concello de Viveiro prepara a quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, que se celebrarán esta fin de semana no campo de fútbol de Celeiro. O evento terá lugar durante os días sábado 14 e domingo 15 de setembro, cun amplo programa de actividades que se desenvolverán a partir das 9.00 horas en ambas as xornadas.
Organizado pola Asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Hípica Galega, Rilo e o propio Concello de Viveiro, o certame ofrecerá diferentes competicións e actividades vinculadas ao mundo ecuestre, atraendo tanto a participantes como a espectadores de diferentes puntos da comarca e máis alá. Ademais, os participantes competirán por miles de euros en premios.
A alcaldesa de Viveiro destacou que "esta quinta edición das Carreiras de Cabalos se consolida como un evento deportivo fundamental para a nosa cidade, no que temos o pracer de colaborar e apoiar". O evento promete ser unha fin de semana chea de emoción e deporte, promovendo a tradición ecuestre da rexión e proporcionando un atractivo punto de encontro para os amantes dos cabalos.