Viveiro acolle a cuarta regata da Copa Deputación de piragüismo
AMariñaXa
A proba terá lugar o 17 de agosto e reunirá categorías de base en embarcacións C-1 e K-1

15 Aug 2025
Viveiro converterase o domingo 17 de agosto no escenario da cuarta regata da Copa Deputación de piragüismo, unha cita que servirá para retomar a competición tras as probas disputadas en Portomarín, Ribadeo e Cervo. O evento está reservado para embarcacións de tipo C-1 e K-1 e reunirá a deportistas das categorías de base.
A xornada comezará ás 10.30 horas coas saídas de prebenxamín e benxamín. Ás 11.00 horas competirán os infantís, seguidos polos alevíns ás 11.30 e polos cadetes e xuvenís ás 12.00 horas.