Visitan as obras de mellora da seguridade na estrada da Gañidoira

AMariñaXa
A alcaldesa María Loureiro recibe á conselleira María Martínez Allegue para acudir á LU-540
VIVEIRO-gañidoira-Visita-conselleira
18 Nov 2024

O Concello de Viveiro recibiu hoxe a visita da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue, para desprazarse á zona na que se realizarán as obras de mellora da capacidade e a seguridade na estrada da Gañidoira, a LU-540.

A conselleira acudiu ao lugar en compañía da alcaldesa María Loureiro, así como da tenenta de alcaldesa e responsable da área de Obras, Miriam Bermúdez, e o segundo tenente de alcaldesa e responsable de Economía e Facenda, Jesús Fernández Fernández. Tamén estiveron presentes os membros da corporación municipal Manolo Galdo, de Por Viveiro, e Mariña Gueimunde, Martín Vale Cobo e Domingo González do Partido Popular.

A principios do pasado mes de outubro comezaron as primeras rozas para levar a cabo un proxecto de mellora cuxo orzamento total supera os 7,2 millóns de euros.

A intervención permitirá dotar dun terceiro carril ao tramo interurbano na Arredoada, pasando Landrove, e rectificar curvas. Isto reducirá o tempo de viaxe e aumentará a seguridade, facendo posible a circulación a 90 km por hora en todo o vial.

María Loureiro destacou que "a renovación desta estrada era unha reivindicación que levamos moito tempo facendo dende o Concello". Miriam Bermúdez incidiu "na importancia da mellora das prestacións da vía, facéndoa máis eficiente e segura para todas as persoas usuarias".

0.16248512268066