Víctor Senra faise co campionato galego de rallyes na proba da Mariña
Finalizou o 2º Rallye Recalvi Mariña Lucense a que é a penúltima proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2020 e que constou de 3 treitos diferentes e tendo un total del 93,93 km cronometrados o que suma un total de 254,95 km.
Nesta proba deportiva que transcurriu polos concellos de O Vicedo, Xove e Cervo coronouse segundo o piloto galego Víctor Senra da proba o que lle valeu para acadar o título de campión autonómico por cuarta vez. Nesta proba mariñá compartiu protagonismo co ruso Nikolay Gryazin, o cal proclamouse gañador do 2º Rallye Mariña Lucense.
Así, o ruso aos mandos dun Volkswagen Polo, na primeira pasada polo Vicedo xa colleu seis segundos de vantaxe sobre Senra, e despois adxudicouse os seis scratch da mañá.
Senra quedou finalmente a 56 segundos na xeral do ruso, pero con José Murado de copiloto conseguiu o seu sexto subcampeonato galego. Ao terceiro posto subiuse Iago Caamaño, que estreara o palmarés da carreira da Mariña no 2019.
Por outra banda, destacou a alta participación na proba con 74 pilotas malia que pola climatoloxía e problemas técnicos tan só puideron continuar 29.
Entre os abandonos, destaca a saída de estrada de Adrián Díaz e Andrea Lamas que obrigou á evacuación da berciana a un hospital.