Vegadeo será o punto de partida da etapa 15º da Vuelta Ciclista a España 2025
AMariñaXa
Unha cita marcada no calendario para o 7 de setembro e con final en Monforte de Lemos
23 Dec 2024
O día 7 de setembro do 2025 todos os focos estarán postos en Vegadeo onde os mellores ciclistas do mundo se citan coa Vuelta Ciclista a España 2025. Desde A Veiga/Vegadeo, lugar de inicio da etapa 15°, ata o vibrante final en Monforte de Lemos, o pelotón percorrerá un traxecto que porá a proba tanto a forza como a estratexia dos mellores ciclistas do mundo.
O Concello de Vegadeo destaca que esta etapa 15° será unha verdadeira proba para ver que candidatos aspiran a vestir o maillot vermello en Madrid. Cada quilómetro supón un paso cara adiante para alcanzar a gloria, acadar o soño de conquistar a Vuelta a España.