Vegadeo lanza un novo taller de cerámica no Local de Paramios

AMariñaXa
A actividade busca promover a creatividade, recuperar oficios tradicionais e favorecer a participación da comunidade
ceramica-torno
21 Mar 2026

O Concello de Vegadeo abriu as inscricións para un novo taller de cerámica que se celebrará no Local de Paramios, unha iniciativa pensada para aquelas persoas que desexen iniciarse nesta arte tradicional, explorar a súa creatividade e compartir tempo en comunidade.

O taller dará comezo o martes 7 de abril, en horario de 16:00 a 18:00 horas, e constará de oito sesións, nas que os participantes aprenderán técnicas básicas de modelado e decorado de pezas de barro, mentres interactúan nun ambiente participativo e formativo.

Segundo indican desde o Concello, as prazas son limitadas a 10 participantes, dando prioridade a persoas maiores de 65 anos, mentres que o resto de prazas se asignarán por orde de inscrición. Ademais, a organización ofrece servizo de transporte de achegamento para facilitar a asistencia ao taller.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ou solicitar máis información chamando ao 646 232 953. Con esta proposta, Vegadeo busca recuperar oficios tradicionais como a cerámica, fomentar a creatividade entre a veciñanza e consolidar espazos de convivencia e aprendizaxe dentro do municipio.

0.12886190414429