Vegadeo acolle este sábado a súa primeira Ruta de Motos, Quads e ATVs

AMariñaXa
A iniciativa deportiva e turística provocará cortes puntuais de tráfico na rúa Silvela durante a tarde
Vegadeo-I-Ruta-motos-quads-atv-2025
17 Dec 2025

O Concello de Vegadeo anunciou a celebración, este sábado 20 de decembro, da I Ruta de Motos, Quads e ATVs, unha nova proposta deportiva e turística que nace coa vontade de dinamizar o municipio e a comarca. A saída da ruta terá lugar no Parque de Medal a partir das 8:00 horas da mañá.

Con motivo do desenvolvemento desta actividade, o Concello informa de que se producirán cortes puntuais nun carril da rúa Silvela entre as 16:30 e as 20:00 horas. As interrupcións realizaranse unicamente durante o tempo necesario para permitir o paso dos participantes e estarán reguladas pola propia organización do evento.

Desde o Consistorio faise un chamamento á cidadanía para extremar a precaución e respectar en todo momento as indicacións da organización e do persoal encargado da seguridade, co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento da ruta.

O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, destacou que esta iniciativa “supón unha oportunidade para incorporar novas actividades que achegan dinamismo, entretemento e proxección a Vegadeo e a toda a comarca”, ao tempo que agradeceu a comprensión da veciñanza ante as posibles molestias.

Así mesmo, o Concello pediu desculpas polos ruídos e inconvenientes que poida xerar este tipo de actividade, tanto no tráfico como durante o desenvolvemento da ruta, e agradeceu a colaboración veciñal. Desde a administración local confíase en que esta primeira edición sexa un éxito e sente as bases para futuras propostas que contribúan á dinamización social e económica do concello.

⚙ Configurar cookies
0.076997995376587